Este blog está creado por Alba,Lúa ,Puri, Raquel e Sabela co obxectivo de proporcionar diversa información sobre os accidentes máis frecuentes e a súa prevención na etapa de educación infantil. Esperamos que vos sexa de utilidade a nosa aportación de diferentes actividades,vídeos e reportaxes para evitar que estes sucesos sexan tan habituais. Contamos coa vosa colaboración ¡comentade!
domingo, 9 de octubre de 2011
Prevención no fogar
Ainda que me pareceu que o xogo para educación infantil é un pouco difícil poderíamos coller a idea para traballar cos de infantil xa que é moi importante para previr os accidentes e que os nenos sepan onde esta o perigo.
http://www.facua.org/accidentesenelhogar/
Ciclo: 2 ciclo(4-6)
Area de coñecemento: coñecemento do contorno.
Bloque de contidos: o medio físico
- Exploración de obxectos e materiais diversos a través dos sentidos e de diferentes accións.
- Experimentación de diferentes accións sobre os obxectos e materiais.
Criterios de avaliación:
- Experimenta cos obxectos e materiais para obter información e observar as reaccións.
Fonte de documentación: www.facua.org
sábado, 8 de octubre de 2011
Un docente preparado!
viernes, 7 de octubre de 2011
As aventuras de "Pupitas".
O meu post desta semana é unha presentación power point.
"Pupitas" é unha cadeliña que nos vai exemplificar a prevención para os peques en cada rincón dunha casa, na cociña, no baño..
Espero que vos gusten as aventuras de Pupitas.
jueves, 6 de octubre de 2011
Os accidentes que sofren os nenos menores de cinco anos soen producirse no fogar e en gran número. Os máis frecuentes son as caídas, intoxicacións, queimaduras e a asfixia ou o atragantamento como consecuencia da inxestión dun corpo estraño. Polo contrario os menos frecuentes, aínda que non por iso se debe baixar a garda son os afogamentos. Non se lles debe permitir xogar en lugares perigosos como escaleiras, cerca da cociña ou de chimeneas…
Prevención nos nenos maiores dun ano:
.Vixiar que empreguen cadeiras estables e que se senten correctamente
para evitar caídas.
• Non confiarse con fiestras e balcóns, e retirar dos arredores
calquera obxecto que lles poida permitir trepar.
• Non lles permitir xogar con coitelos nin obxectos cortantes. É importante ensinarlles a empregar os garfos.
• Asegurarse de que os medicamentos e produtos de limpeza non se encontren ó alcance dos nenos, senón en mobles altos e pechados con chave.
• Asegurar os estantes para evitar que se caian si o neno se apoia ou intenta subir por elas.
• Non lles permitir que xoguen nin manipulen electrodomésticos.
• A cociña é un lugar perigoso para os nenos, evitar que entren
na mesma.
• Non lles permitir viaxar sós no ascensor e situalos sempre lonxe
da porta para evitar que poidan pillarse os dedos.
• Mercar ós pequenos zapatos da súa talla e con solas antideslizantes.
• Prestar especial atención ós froitos secos, aceitunas e caramelos que non se lle deben dar nos primeiros anos de vida.
Ciclo: 1 ciclo (0-3 anos).
Area de coñecemento: coñecemento do contorno.
Bloque de contidos: o medio físico
- Exploración de obxectos e materiais diversos a través dos sentidos e de diferentes accións.
- Experimentación de diferentes accións sobre os obxectos e materiais.
Criterios de avaliación:
- Experimenta cos obxectos e materiais para obter información e observar as reaccións.
Fonte de documentación: www.facua.org
ALBA MARÍA CASAL MONTERO
O 90% dos accidentes domésticos poden evitarse si se toman as debidas precaucións
Neste segundo post gustaríame contarvos cousas esenciais sobre os primeiros auxilios para os máis pequenos, xa que como ben di a premisa de Cruz Vermella, Samur…. “Máis vale previr que curar”.
Concretamente centrareime na prevención de accidentes no fogar, posto que quero manter un orden para poder abordar de maneira secuencial e completa todos os posibles acontecementos de carácter perigoso nos nenos/as máis pequenos.
O alto porcentaxe de accidentes infantís de carácter grave faime recordar o lema de miña avoa que di “mellor que choren eles a que choremos nós”. Porque os nenos/as máis pequenos son moi listos pero tamén son os máis fráxiles polo que debemos prestarlle a máxima atención.
Posibles accidentes infantís e como previlos:
· Queimaduras:
Debemos ter moito coidado con este tipo de acontecementos xa que por desgraza son moi habituais na vida cotiá.
Algunhas estratexias para previlos son:
-Manter os radiadores e estufas protexidos con algún material que non esperte interese no neno/a.
-Vixiar a temperatura da auga da bañeira cando os nenos/as se van duchar.
-Evitar que as tixolas e os utensilios de cociña sobresaian da “ENCIMERA” .
-Non andar con produtos quentes por toda a casa.
-Evitar ter o neno/a no colo mentres se está comendo.
-Evitar o microondas para quentar os alimentos ou bebida do neno/a, xa que este quenta de maneira irregular.
-Colocar o ordenador, televisión, equipos de música…. Ben fixados a parede, para que non poidan tocar a parte traseira.
-Tapar os enchufes con tapas.
· Feridas provocadas por obxectos cortantes:
Quizais estes accidentes non sexan tan frecuentes como os anteriores, pero poden sucederse en nenos/as entre 3 e 6 anos xa que a esas idades xa comezan a empregar este tipo de utensilios.
Algunhas estratexias para previlos:
-Gardar as maquinillas e as cuchillas de afeitar en lugares altos e se pode ser con pechadura de seguridade. Tamén debemos evitar realizar este tipo de accións diante deles, xa que tenden a imitarnos.
-Os coitelos, garfos,tesoiras e utensilios de cristal…. deben estar gardados en caixóns ben cerrados. E evitar que sexan empregados por eles mesmos na hora da comida.
· Asfixia y atragantamento:
Este tipo de sucesos son moi frecuentes nos mais cativos, xa que aínda comezan a comer.
-Non deitar os nenos/as en superficies brandas nin en superficies envoltas en plástico.
- Non deixar obxectos ou xoguetes pequenos a vista.
-Coidar que non inxira moita comida nin que tome alimentos mentres está deitado.
-Non permitir que coman froitos secos antes dos 6 anos.
-Ter coidado cas pilas “botón” porque poden tragalas e asfixiarse.
· Afogamento:
-Non deixar o neno/a só na ducha.
-Vixialos de maneira permanente nas piscinas públicas, privadas ou na da propia casa.
Ciclo: 2º etapa (3-6 anos)
Área de coñecemento: Coñecemento do contorno
Bloque de contidos: Bloque. O medio físico
-Exploración de obxectos e materiais diversos a través dos sentidos e de diferentes accións.
-Experimentación de diferentes accións sobre os obxectos e materiais.
Criterios de avaliación/indicadores: experimenta cos obxectos e materiais para obter información e observar as reaccións.
Fonte de documentación/enlaces:
Texto: Elaboración propia, aínda que algúns contidos saqueinos da páxina web: http://www.olebebe.com/2009/06/15/accidentes-infantiles/
Imaxe: en imaxes de google sobre accidentes infantís.
Lúa García Paz
Un saúdo, espero os vosos comentarios.