Neste segundo post gustaríame contarvos cousas esenciais sobre os primeiros auxilios para os máis pequenos, xa que como ben di a premisa de Cruz Vermella, Samur…. “Máis vale previr que curar”.
Concretamente centrareime na prevención de accidentes no fogar, posto que quero manter un orden para poder abordar de maneira secuencial e completa todos os posibles acontecementos de carácter perigoso nos nenos/as máis pequenos.
O alto porcentaxe de accidentes infantís de carácter grave faime recordar o lema de miña avoa que di “mellor que choren eles a que choremos nós”. Porque os nenos/as máis pequenos son moi listos pero tamén son os máis fráxiles polo que debemos prestarlle a máxima atención.
Posibles accidentes infantís e como previlos:
· Queimaduras:
Debemos ter moito coidado con este tipo de acontecementos xa que por desgraza son moi habituais na vida cotiá.
Algunhas estratexias para previlos son:
-Manter os radiadores e estufas protexidos con algún material que non esperte interese no neno/a.
-Vixiar a temperatura da auga da bañeira cando os nenos/as se van duchar.
-Evitar que as tixolas e os utensilios de cociña sobresaian da “ENCIMERA” .
-Non andar con produtos quentes por toda a casa.
-Evitar ter o neno/a no colo mentres se está comendo.
-Evitar o microondas para quentar os alimentos ou bebida do neno/a, xa que este quenta de maneira irregular.
-Colocar o ordenador, televisión, equipos de música…. Ben fixados a parede, para que non poidan tocar a parte traseira.
-Tapar os enchufes con tapas.
· Feridas provocadas por obxectos cortantes:
Quizais estes accidentes non sexan tan frecuentes como os anteriores, pero poden sucederse en nenos/as entre 3 e 6 anos xa que a esas idades xa comezan a empregar este tipo de utensilios.
Algunhas estratexias para previlos:
-Gardar as maquinillas e as cuchillas de afeitar en lugares altos e se pode ser con pechadura de seguridade. Tamén debemos evitar realizar este tipo de accións diante deles, xa que tenden a imitarnos.
-Os coitelos, garfos,tesoiras e utensilios de cristal…. deben estar gardados en caixóns ben cerrados. E evitar que sexan empregados por eles mesmos na hora da comida.
· Asfixia y atragantamento:
Este tipo de sucesos son moi frecuentes nos mais cativos, xa que aínda comezan a comer.
-Non deitar os nenos/as en superficies brandas nin en superficies envoltas en plástico.
- Non deixar obxectos ou xoguetes pequenos a vista.
-Coidar que non inxira moita comida nin que tome alimentos mentres está deitado.
-Non permitir que coman froitos secos antes dos 6 anos.
-Ter coidado cas pilas “botón” porque poden tragalas e asfixiarse.
· Afogamento:
-Non deixar o neno/a só na ducha.
-Vixialos de maneira permanente nas piscinas públicas, privadas ou na da propia casa.
Ciclo: 2º etapa (3-6 anos)
Área de coñecemento: Coñecemento do contorno
Bloque de contidos: Bloque. O medio físico
-Exploración de obxectos e materiais diversos a través dos sentidos e de diferentes accións.
-Experimentación de diferentes accións sobre os obxectos e materiais.
Criterios de avaliación/indicadores: experimenta cos obxectos e materiais para obter información e observar as reaccións.
Fonte de documentación/enlaces:
Texto: Elaboración propia, aínda que algúns contidos saqueinos da páxina web: http://www.olebebe.com/2009/06/15/accidentes-infantiles/
Imaxe: en imaxes de google sobre accidentes infantís.
Lúa García Paz
Un saúdo, espero os vosos comentarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario