sábado, 8 de octubre de 2011

Un docente preparado!

Non só é importante ensinarlle aos nenos os perigos aos que poden estar expostos, senon que os mesmos mestres deben estar ben preparados para reaccionar xusto a tempo no caso de que poda surxir algún perigo. Por exemplo, no caso de que o cativo se atragante con algunha peza dun xoguete, con un alimento... se o docente esta preparado pode salvar a vida do rapaz.
No video que vos ofrezo a continuación ensínavos como reaccionar en caso de que o neno se este atragantando.


Espero que o vídeo vos fora útil e non esquezades que debedes estar preparados porque os accidentes infantís poden ocorrer en calqueira momento.
-Fonte de documentación:Este vídeo atopeino en youtube.

2 comentarios:

  1. Os cativos están rodeados de perigos constantemente, tanto no fogar como na casa. Por este motivo é imprescindible que os pais e os docentes estean precavidos ante calquera posible contratempo. O vídeo que expós no teu post paréceme interesante polo feito de que aos cativos soen chamarlle moito máis a atención as pezas pequenas fáciles de levar a boca, por iso debemos manter fora do seu alcance calquera destes obxectos. No caso de que ocorrer este incidente, os pais e os docentes poderían actuar de forma eficiente.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que este vídeo é moi útil para saber como responder ante un peligro coma por exemplo o de que unha nena, no patio, se atragante cun caramelo.

    ResponderEliminar